mozdev.org

galician

recursos:

Esta sección está dividida en tres partes: preguntas cotiás de usuarios ,de colaboradores e preguntas sobre a páxina do grupo de traducción.


¿Por qué utilizar o Mozilla se xa teño outros navegadores ou progamas de correo que xa veñen co meu sistema operativo?

Se ben hay aplicacións propietarias  ou semi-propietarias de calidade (opera, iCab, Safari, Eudora), o Mozilla e unha aplicación obxetivamente  e técnicamente boa, cun sistema de desenvolvemento e corrección de erros que colócana no millor que poidas instalar no teu equipo.
E software libre, o que quere dicir que tes garantida a corrección de erros dun xeito que na práctica soe rematar nunha maior calidade e seguridade cara o usuario final.
Ademáis de todo o dito, dada esta característica de código aberto,  Mozilla fai que a traducción a diferentes línguas se vexa facilitada, o contrario do que sucede co software propietario, que poñen impedimentos para a traducción (Apple, que rexeitou a traducción o galego, prohibiu a de euskera, e puxo moitos impedimentos para a de catalá) ou directamente, so traducen no caso de ter garantido un forte apoio institucional (Microsoft, que so traduciu o galego o seu sistema operativo cando recibiu cartos públicos e co medo do avance das aplicacións do software libre coma a da familia do Mozilla), o que fai que o final os usuarios atopanse con que aplicacións  de código aberto coma Mozilla son as que mellor solucionan suas necesidades de usuario e profesionais.

¿Non hay máis aplicacións relacionadas co Mozilla?

Así e, outros proxectos de Mozilla son o navegador Firefox ( que podemos traducir a nosa língua coma " o raposo de fogo") , e a aplicación de correo Thunderbird (en galego, "paxaro-lóstrego"). En canto poidamos,queremos traducilos tamén o galego.


¿Como fago para instalar o Mozilla en galego?

Cando a teñamos lista, terás dous xeitos: instalando o .xpi ou descargando toda a aplicación.

- Instalando o .xpi: vas a sección de preferencias > apariencia > linguas, e daslle a descargas máis linguas (ollo, que a nosa traducción inda esta lista, de xeito que se fas iso inda non poderás instalalo?

- Descargando a aplicación completa para a tua plataforma: Cando teñamos lista a traducción,  a nosa seguinte tarefa será preparar a aplicación nas diferentes plataformas, para que so teñas que descargar a aplicación, que xa virá traducida o galego.

¿Qué é o .xpi?

E o arquivo que ten a traducción. Cando esté lista, bastará que, dende Mozilla, selecciones a ligazón deste arquivo,  para que se inicie o proceso de instalación.

¿Cando estará lista a traducción?

Iso dependerá da capacidade de traballo do grupo de traballo

¿Canto cobran os que forman o grupo de traballo?¿Quen paga o grupo de traballo?

O grupo está formado por voluntarios e ninguén cobra nada que teu agradecemento ;-).
Se ben no eido do software libre hay moitas empresas e xente que cobra polo seu traballo, para deixar seu código aberto, este proxecto e voluntario.
En canto o soporte deste grupo de traballo, neste  momento, o aloxamento e a lista de correo utilizados polo grupo de traballo e  proporcionado de balde por mozdev.org



¿Por que ia eu colaborar co grupo de traducción?

En primeiro lugar, para facer accesible o software da millor calidade a todo o noso pobo. Para que os galegofalantes poidamos utilizar  na nosa língua unha aplicación, coa cal podemos, dende ler un xornal electrónico, ata enviar unha mensaxe a nosa familia, sen ter que renunciar a nosa lingua a hora de manexar esta aplicación.

¿Quen pode formar parte do grupo de traballo?

Calquera

¿ Que preciso para ser traductor ou desenrolador?

Se queres traducir, precisas coñecer inglés e mailo galego: facemos a traducción a partír da versión inglesa.
Tamen son precisas outras tarefas, coma desenrolar os paquetes das aplicacións para cada plataforma, polo que tamén por ahí podes votar unha mao

¿Qué ferramentas precisa o traductor?

Para traducir o Mozilla, ou as suas aplicacións irmáns, estamos a utilizar a aplicación Mozilla Translator (MT)
Na sección de documentación para colaboradores podes ver o que precisas para instalalo, asi coma seu funcionamento

¿Como facedes para coordinarvos?

En principio, utilizando  nosa lista de correo. Por se non sabes o que é unha lista de correo: ti suscribes a tua conta de correo, e cando se envía unha mensaxe a ela, chégache tamén a ti: do mesmo xeito, cando ti envias unha mensaxe a lista de correo, esta chega a todos. Podes cancelar a suscripción cando queiras.

¿Que normativa do galego utilizades e por qué non outra?

A oficial, por ser a máis accesible a usuarios e traductores. Se queres aportar teu traballo para desenrolar outra pola deste proxecto, para ter unha traducción noutra normativa do galego, ou ben queres asesoramento desenrolar un proxecto independente para desenvolver o mozilla noutra normativa, so tes que contactar connosco, e axudarémosche en todo o que poidamos.


Eu estou traducindo outra aplicación da familia de mozilla e non son do voso grupo

Pois estámos agardándote! Un dos obxetivos deste grupo e proporcionar a documentación sobre o proceso de traducción sobre calquer aplicación de Mozilla, así que te queiras unir ou non o grupo, sempre terás acceso a toda a información.
Se queres, podes desenrolar teu traballo neste grupo, onde estamos en contacto a través dunha lista de correo para compartir coñecementos e necesidades. E se non, sempre podes mandarnos a URL do teu proxecto para que os que pasen por esta web poidan coñecer teu traballo

 

¿Por qué hay seccións en inglés se ista páxina e de traducción o galego?

Porque estamos utilizando os recursos dun proxecto, mozdev,  a nivel internacional, e o inglés e a língua utilizada para a coordinación e para infornarnos entre nos.
Hay moitos proxectos, dende quen fai aplicacións específicas, ata quen coma nos traduce a sua língua as aplicacións. Hay proxectos en polaco ou en ruso , que tamén teñen, inda que seña a xeito de información, unha parte en inglés, para que dese xeito, todos saibamos de todos.

¿Por qué falta documentación?

Porque precisamos da tua axuda ;-)

¿Por qué non hay tal sección na web?

Porque inda non nos chegou tua mensaxe avisandonos.

¿Por qué está as veces sen actualizar a web?

Porque está feita por voluntarios no seu tempo libre.

The galician project can be contacted through the mailing list or the member list.
Copyright © 2000-2017. All rights reserved. Terms of Use & Privacy Policy.