galician
| recursos: | Comezo Documentación Lista de correo Instalación Código fonte e descargas Imaxes Colabora & Pendentes Nos In English Members |
|---|
Colabora & Tarefas pendentes
Tes dous xeitos de colaborar co grupo de
traducción o galego de Mozilla, coma usuario e formando parte do
grupo de traballo.
Coma usuario:
Axuda a difundir a traducción do Mozilla.Inda non temos feita a traducción, máis lembra de pasar por aqui cada certo tempo.
Cando xa esté rematada, poderas descargala, e se che gusta, poderas dicirlle os teus coñecidos que esta traducción existe: Inda son moitos os usuarios que non saben que o Mozilla podería estar na sua língua. Outras tarefas que podes facer (tanto se queres integrarte no grupo de traballo coma se non) son:
- Proba-la aplicación e dici-los erros que teña.
- Promocionar a traducción : anunciándoa tua web (visita na sección de imaxes, os baners e iconos que temos para que poidas incluir na tua web), informando sobre ela, ou instalándoa no teu negocio, empresa ou centro de ensino.
Coma traductor ou desenvolvedor:
Se queres, podes incorporarte o grupo de traballo, temos traballo arreo ;-) .
Para iso, o primeiro paso e suscribirte a lista de distribución , que empregamos para comunicarnos entre nos.
Inda que estamos comezando, ti dinos tuas preferencias, e tentaremos darche unha tarefa que se corresponda cos teus gustos.
Diferentes tarefas que temos:
- Escribir documentación: sobre a utilización das
aplicacións, sobre o proceso de coordinación, sobre a
aplicción de traducción, etc.
- Traducir: para iso , precisarás instalar e
coñece-lo funcionamento da aplicación que utilizamos para
a tarefa de traducción. Para aprender a manexala, mira na
sección de documentación de colaboradores ou preguntanos
na lista.
- Xenerar as aplicacións: o traballo de traducción queda nun arquivo, o ".xpi", que utilizase para traducir as aplicacións xa instaladas. Máis outra posibilidade e xenerer unha aplicación xa traducida, de xeito que despois de descargala e instalala, xa te-la aplicación en galego.
Debido o proceso de traballo, poida que non poidas colaborar agora,
senon que teñas que agardar a que teñamos máis
avanzado o proxecto. Por
exemplo, o millor estás interesado en probar a
aplicación. Para iso,
será preciso que rematemos a traducción e xeneremos a
aplicación para
que poidas utilizala.
Asimesmo, se queres aportar outras ideas ou
proxectos que queiras
aportar , podes utilizar tamén a lista para darnos suxerencias.